Estades invitados a festexar xunto a nós o noso propio homenaxe para conmemorar o Día das Letras Galegas, con dous obradoiros de lettering e un espectáculo musical, ambas actividades serán gratuitas.
PROGRAMACIÓN
Todas as actividades son gratuitas e de entrada libre.
Xoves, 16 de maio de 17:30 h a 18:30 h — Obradoiro de Lettering “Palabras bonitas do galego”. PRAZAS LIMITADAS, POR ORDE DE CHEGADA.
Usando esta divertida técnica de debuxar letras bonitas, O Letettering, buscaremos cos máis cativos e cativas as palabras máis riquiñas do galego. Logo darémoslle forma con rotuladores e deseñaremos marcapáxinas coas nosas palabras favoritas.
Dirixido a: Nenos e nenas a partir de 8 anos
Xoves, 16 de maio de 18:30 h a 19:30 h — Espectáculo musical “As nosas músicas d´aquí”: Espectáculo de contacontos e concerto de animación que se escora pola verquente máis tradicional e popular nunha proposta infantil e musical a través das historias, contos e cantigas da Illa do Cón, reducto imaxinario que vén a ser unha alegoría de nós mesmos, a nosa historia, tradicións, músicas, oficios, rituais máxicos ou historias de narración oral.
Xoves, 16 de maio de 19:30h a 20:30h — Obradoiro de Lettering “Palabras bonitas do galego”. PRAZAS LIMITADAS, POR ORDE DE CHEGADA.
Dirixido a: Nenos e nenas a partir de 8 anos
E ademais… todos os asistentes aos talleres e espectáculo recibirán poderán gozar de promocións exclusivas nos locais de Crudeza e Viandas, ata o 24 de maio!